17 MAIO

1983

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Manuel Leiras Pulpeiro

“Todos me dicen que espío,
Que logo me leva o aire;
Y-a culpa tenma un nubeiro
Que se me puxo por diante.

Con me casar como quixen,
E tel-o ceio n-a casa,
N’hay noite que non me acorde
D’as noites de muiñada.

¡Dios che pague a túa esmola,
Cariña de repinaldo!
Non che coidei que tiveses
Corazonciño tan brando.”

Cantares gallegos (1911)

Manuel Leiras Pulpeiro

(Mondoñedo, 1854 – 1912)

Foi un escritor e médico galego considerado unha das principais figuras do Rexurdimento. Republicano, galeguista, anticlerical e comprometido coa veciñanza, á que moitas veces non lle cobraba polos tratamentos que prestaba, chocou coa conservadora sociedade mindoniense da época. Na súa obra podemos atopar unha poesía de denuncia social na que se reflicten os costumes da xente labrega e o característico xeito de falar da Mariña lucense.

GRANDES ÉXITOS

1911

Cantares gallegos

Cantares gallegos (1911) é o único libro publicado en vida do autor. Ten unha temática diversa: amorosa, histórica, louvanzas e inquedanzas... é un exemplo de poesía popular posta en boca do pobo, na que apreciamos os problemas e loitas dos labregos, moitas veces producidos pola situación de submisión na que viven.

En 1930, anos despois do seu falecemento, saíu o volume Obras completas. Tomo I. Poesías, da man da editorial Nós. Nestas publicacións están compiladas a súa obra poética, os textos en prosa, as cantigas, os refráns e os ditos recollidos por Leiras Pulpeiro. Os sentimentos, a saudade e a fronteira do propio ser son temáticas que se tratan neste libro con varias edicións posteriores, coma a de 1970 da Editorial Galaxia.

“Recolleu neste volume (Cantares gallegos) varias tiradas de cantigas populares por el escritas, pero tan cheas de enxebreza, que mesmo semellan collidas da boca do pobo… As composicións líricas de Leiras revelan un acento baril e unha ricaz variedade poética.”

Historia da literatura (1984), Francisco Fernández del Riego