17 MAIO
1973
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Tui, a dos vellos amores,
na memoria lle surdía,
toda de frores cuberta
toda de groria vestida
ca súa gran Corredoura
donde a xente andaba e viña
antre regueiros de luces
y antre mares de alegría,
coa súa fresca alameda
donde bole e xeme a brisa
co seu ponte, arpa de ferro
que fixo bela Poesía
pra cantar ó son da gaita
a hermosura de Galicia.”
“Lembranzas da Terra”. Lago González: biografía y selección de su obra gallega (1967)
Manuel Lago González
(Tui, 1865 – Santiago de Compostela, 1925)
Foi un eclesiástico, poeta, teólogo e activista cultural galego que chegou a ser arcebispo da catedral de Santiago de Compostela. Membro fundador da Real Academia Galega, pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos, do que foi presidente honorario, participou nos Xogos Florais de Tui e foi colaborador habitual de numerosas revistas e publicacións.
GRANDES ÉXITOS
1967
Lago González: biografía y selección de su obra gallega (1967). A obra de Manuel Lago González atopábase espallada en diversos xornais e revistas coma La Integridad, El Norte de Galicia ou Galicia Diplomática. Anos máis tarde, en 1967, Xosé Filgueira Valverde compilaría o seu traballo nesta publicación. Os temas que trata Manuel Lago son relixiosos e de exaltación dos costumes e recordos da súa vila e contorna.
“Manuel Lago González, bispo de Tui e despois arcebispo de Santiago de Compostela, amosou unha especial preocupación polos problemas da fala. Deixou escritas algunhas prosas en galego e abondos poemas de amable sinxeleza.”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego