17 MAIO
1994
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Esa vella desamañada, afastada, soia
podería ser Galicia,
esquizada, tamén arredada, soio ósos
tola, refugando unha morte prometeica,
-os seus mitos son de outra caste-
negra polos farrapos, pantasmal,
dura,
que Laxeiro que a víu na montaña de Lalín,
díxonos,
nunca se atrevéu a pintar.”
A maior abondamento (1972)
Luis Seoane
(Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979)
Foi un escritor, pintor, debuxante, editor e avogado galego. Estudou Dereito en Santiago de Compostela, onde comezou a ilustrar libros e colaborar en revistas coma Resol. En 1936 exiliouse en Bos Aires, desde onde dinamizou a cultura galega da diáspora. Fundou a revista Galicia Emigrante e levou adiante numerosos proxectos editoriais e artísticos coma o Laboratorio de Formas. A súa versatilidade artística traballou ao servizo da renovación e da recuperación da cultura galega.
GRANDES ÉXITOS
1952
Fardel d’eisilado (1952)é un poemario publicado en Bos Aires, ilustrado e editado polo propio Seoane. Os seus poemas son un canto á dureza e á realidade da emigración e do exilio galego.
A soldadeira (1957) é unha peza teatral publicada en Bos Aires na que a protagonista é unha muller. A obra está ambientada na época das revoltas irmandiñas pero engade personaxes do contexto histórico da ditadura franquista. Seoane elabora así un drama histórico e social que mostra a opresión cíclica na que vive o pobo galego.
1957
Outras obras
Na brétema, Sant-Yago (1956), As cicatrices (1959), Castelao artista (1962) e A maior abondamento (1972)
“Tivemos unha grande relación persoal e profesional, coñecino na Compostela dos anos 30 nos faladoiros do café Español e na imprenta Nós. Logo da guerra colaboramos en moitos proxectos en Bos Aires… Escribín crónicas en Galicia Emigrante e publiquei un libro sobre el: Luis Seoane desde a memoria. Era un home que deixou o calco do seu amor a Galicia e da súa proteica personalidade nunha obra de fecunda proxección.”
Francisco Fernández del Riego