17 MAIO

2002

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Frei Martín Sarmiento

“1
No chan que en Morrazo
chaman os galegos
Chan de Parafita,
que chega hasta o ceo,

2
que está no camiño
que vai ao Ribeiro
dendes Pontevedra,
a Vila do Reino,
(...)

8
se ve o mar bravo
se ve o mar quedo,
de Ons e de Tambo
as illas ao lexos;

9
se ven Portonovo
e xunto San Xenxo,
Marín e Combarro,
Lourido e Campelo.”

Coloquio en mil duascentas coplas galegas (1746)

Frei Martín Sarmiento

(Vilafranca do Bierzo, 1695 – Madrid, 1772)

Foi un relixioso, escritor e investigador. Pioneiro da filoloxía galega, o seu traballo orientouse cara á creación dunha gramática, dun dicionario e dunha ortografía para a nosa lingua. A el debémoslle a primeira noticia documentada sobre o galego medieval e as pescudas sobre o nacemento do idioma. Posuidor dunha erudición ilustrada, realizou investigacións punteiras en diferentes campos coma a medicina, a botánica ou a química.

GRANDES ÉXITOS

1746

Coloquio en mil duascentas coplas galegas

Coloquio en mil duascentas coplas galegas (1746),obra recollida tamén como Colección de voces e frases galegas ou Coloquio de vintecatro galegos rústicos,supón unha importante reaparición do idioma galego e unha achega fundacional á lingüística galega tras o baleiro na escrita da última etapa medieval. Componse de 1.200 coplas a partir das cales podemos coñecer o galego que se falaba daquela.

Outras obras

Viaxe a Galicia (1745), Sobre el origen de la lengua gallega y sobre la paleografía española (1755), Problema chorográfico para describir Galicia con un nuevo método (1762) e Onomástico etymológico de la lengua gallega (1758-1769)

“Frei Martín Sarmiento é un prodixio de erudición, é un observador finísimo, un traballador case mostruoso que posúe entre 4.000 a 6.000 volumes no seu arquivo.”

Conferencia de Francisco Fernández del Riego sobre Frei Martín Sarmiento en Bos Aires, Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega (1954)