17 MAIO
1987
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
![Francisca Herrera](/documents/37861/3696814/francisca_herrera.png/056b589f-a265-6ed0-7c3c-cb704365b510?t=1678364905422)
“Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán non me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debate, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, malpocado! Couberan nun puñiño ven pequecho!..”
Néveda (1920)
Francisca Herrera
(A Coruña, 1869 – 1950)
Foi unha escritora galega e a primeira muller membro da Real Academia Galega. Escribiu en galego e castelán e cultivou a poesía, a novela e os relatos curtos. Muller conservadora e profundamente relixiosa, no seu traballo atopamos influencias de Rosalía de Castro e un coidado uso da lingua. A súa temática xira entorno ao papel da muller no mundo rural, vista como ser sacrificado, virtuoso, humilde e, ás veces, resignado.
GRANDES ÉXITOS
1920
![Francisca Herrera](/documents/37861/3696814/neveda_francisca_herrera.png/74fcd891-6b82-2f20-d38f-5de7db9c6ebf?t=1678364905711)
Néveda (1920) é unha novela que relata a vida dunha muller e reflexiona sobre como ten que educar a súa filla. A trama desenvólvese entre A Coruña e Oleiros, lugares nos que viviu a autora.
Sonrisas e bágoas (1913) é un poemario no que, seguindo o estilo rosaliano, lles pon voz ás xentes do campo.
![Sonrisas e bágoas](/documents/37861/3696814/sorrisas_e_bagoas_francisca_herrera.png/9ed85153-0b79-9416-01c2-276beb593d15?t=1678364906376)
1913
1915
![Francisca Herrera](/documents/37861/3696814/almas_de_muller_francisca_herrera.png/d4134c58-3b04-6466-306e-443fa15fbc26?t=1678364905133)
Almas de muller...¡volallas n’a luz! (1915) é un conxunto de poemas máis extensos sobre a resignación e as penalidades das mulleres.
“Editou unha novela longa titulada Néveda na que a pobreza argumental está compensada por unha linguaxe ricaz e chea de coorido.”
Historia da literatura (1984), Francisco Fernández del Riego