17 MAIO
2001
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“(...) Estonces haberá pr’a nosa terra unha alborada de rexurdimento, porque morto o centralismo terá que morrer tamén o caciquismo que nos afoga e que soilo vive das falcatruadas, amparado por esa centralista forza bruta e absurda que non sabe dar máis que paus de cego e que na sua inorancia ou na sua comenencia coida que todol-os pobos son iguales, como si non tivese cada un a sua característica y-a sua persoalidade.”
“Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo”, El Noroeste (1918)
Eladio Rodríguez González
(Leiro, 1864 – A Coruña, 1949)
Foi un escritor, xornalista e lexicógrafo galego. Dirixiu e colaborou en numerosos xornais e revistas coma A Nosa Terra, Solidaridad Gallega, Suevia, El Noroeste ou Revista Gallega. Participou nas Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos, no coro Cántigas da Terra e en 1932 na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi membro fundador da Real Academia Galega e o seu presidente desde 1926 ata 1934.
GRANDES ÉXITOS
1894
Folerpas (1894) é unha escolma de poemas na que se recollen moitas das súas composicións que acadaron éxitos en diferentes certames poéticos. O mundo rural e a traxedia da emigración son as temáticas máis recorrentes.
Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958),publicado de maneira póstuma, segue a ser un referente na actualidade, xa que moitos dos dicionarios actuais beben das súas fontes. Á parte do significado das palabras, neste libro atopamos un compendio de explicacións históricas, xeográficas, etnográficas e literarias da Galicia do seu tempo.
1958
Outras obras
Raza e terra (1922) e Oraciós campesiñas (1927)
“Era Rodríguez González, de certo, un bo coñecedor da lingua. Foi Folerpas a obra que o revelou nos eidos da lírica galega… En troques en Oracións campesiñas descóbrense mellores calidades poéticas. No descritivismo e no sentimentalismo que decorren polas estrofas, revélase certo pulo creador; e, sobre todo, unha maior riqueza de estilo, léxico e sintáctica.”
Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego