17 MAIO

1965

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Eduardo Pondal

“Eu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p’ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro. (...)
Eu nacín cabo dun pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponteceso.”

Eduardo Pondal

(Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917)

Foi un poeta galego considerado unha das figuras máis destacadas do Rexurdimento. Na súa escrita podemos apreciar un estilo culto que foxe da lingua popular, no que resaltan os temas sobre o pasado celta de Galicia, coas figuras do heroe e do bardo, o gusto pola natureza, sobre todo da comarca de Bergantiños, e o amor que sente por Galicia. Foi membro da Real Academia Galega e participou no Banquete de Conxo.

GRANDES ÉXITOS

1886

Himno galego

Himno galego. Catro estrofas do poema “Os pinos”, de Eduardo Pondal, conforman a letra do himno de Galicia, para o que Pascual Veiga compuxo a melodía. Esta peza estreouse no Gran Teatro da Habana, alá polo ano 1907, e converteuse oficialmente no himno galego desde a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. “Os pinos” está incluído na publicación Queixumes dos pinos, de 1886.

Os Eoas é un poema épico, publicado de maneira póstuma en 1992, que versa sobre o descubrimento de América, e onde presenta un Cristovo Colón de orixe galega.

Os Eoas - Eduardo Pondal

1992

“Para min Pondal é o vello bardo de Bergantiños que xunto a Rosalía e Curros son os grandes poetas de Galicia. A súa obra adiqueille moitos traballos: publiquei o libro Con Pondal en Bergantiños, din moitas conferencias sobre él… Citeino no meu discurso de entrada na RAG, ademais de escribir moitos artigos, como o que mandei á Casa de Galicia en Nova York titulado Pondal e súa paisaxe.”

Francisco Fernández del Riego