17 MAIO
1986
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Vilagarcía leda de navíos,
dorme na miña i-alma sono leve.
A i-auga é donda e fina como a seda.
A mar é terciopelo e flor de vento.
solpores de ouro, e rosa, e brasa viva
e de froles marelas de anchas follas
xirasoles de vento e luz apenas
anáinanse na mar en carriolas.
Nunha gamela nova, toda verde,
co teu nome tan guapo no costado.
¡Ondas camariñas da miña vida!
(...)”
Cómaros verdes (1947)
Aquilino Iglesia Alvariño
(Seivane de Vilarente, Abadín, 1909 – Santiago de Compostela, 1961)
Foi un poeta, xornalista e tradutor galego. Traballou como corrector de probas para a editorial Nós e estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo a cátedra de Latín e dedicouse á docencia nesa cidade e tamén en Lugo e Pontevedra. Foi director de A Nosa Terra e fundou Renacencia. En 1949 ingresou na Real Academia Galega.
GRANDES ÉXITOS
1933
Corazón ao vento (1933) é o seu segundo poemario. Nel continúa a lírica arredor da paisaxe galega que xa recollera en Señardá (1930) e comeza a empregar o verso libre.
Cómaros verdes (1947) é un poemario que compila o seu traballo anterior e que supón a aparición do primeiro libro importante en galego despois da guerra. Gran coñecedor e tradutor dos clásicos, a súa poesía mestúraos coa paisaxe galega, polo que é un dos representantes do neovirxilianismo, tamén chamado escola dos poetas do norte de Lugo.
1947
Outras obras
De día a día (1960), Lanza de soledá (1961) e Nenias (1961)
“Coñézoo de cando estudaba no seminario de Mondoñedo, máis tarde coincidimos en Compostela cando formabamos parte das Mocidades Galeguistas. Eu coma Secretario Xeral e el como Delegado do Partido e tamén na Compostela dos anos 30 cando el traballaba na publicación A Nosa Terra.”
Francisco Fernández del Riego