17 MAIO
1985
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“O sucedido foi esto. Había unha vés n-unha aldea veira mar, n-a ría de Marín, dous mozos mariñeiros, Chuco e Manoel. Eran tempos n-os qu’ainda non ian as motoras a buscar sardiña a Leixoes, nin xiquera as artes da traíña eran donas das rías. Os barcos xeítosos ian mar afora máis alá d’a illa d’Ons e chegaban moitas veces a Finisterre.”
“Conto”, núm. 5, revista Nós (1921)
Antón Losada Diéguez
(Boborás, 1884 – Pontevedra, 1929)
Foi un escritor, intelectual, político, docente e dinamizador cultural galego. Pertenceu ás Irmandades da Fala, ao Seminario de Estudos Galegos e ao Grupo Nós, ademais de ser membro da Real Academia Galega e presidente do C. F. Eiriña. Como vicepresidente da Deputación de Pontevedra impulsou o Museo de Pontevedra, a Misión Biolóxica e as bolsas de ampliación de estudos. Avogou polo uso do galego en todos os campos: ciencia, literatura, administración, filosofía, relixión…
GRANDES ÉXITOS
1985
Antón Losada Diéguez. Obras completas, editado en 1985 pola Real Academia Galega e realizado por Ernesto Filgueira Valverde. Nesta compilación podemos apreciar a súa obra, que se atopaba espallada en diversas publicacións. Losada escribe poesía, unha obra de teatro inconclusa, contos e diversos ensaios nos que podemos apreciar a visión que ten do país e o uso que fai do galego como lingua culta.
“Foi home de vasta cultura e ben probado amor a Galicia. Deixou diversos ensaios filosóficos e literarios, perdidos en publicacións periódicas. Destacou como eficaz orientador da mocedade intelectual galega do seu tempo.”
Historia da literatura (1984), Francisco Fernández del Riego