- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Vigo 1984
Artista, investigador e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo coa tese Construción simbólica da paisaxe galega: transmisión xeracional da paisaxe. Realizou unha estancia de investigación en Bos Aires, no Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) e participou en residencias artísticas coma La Pinguela, en Oberá (Arxentina), organizada polo colectivo Trillo Sustenthable e a Facultade de Arte e Deseño da Universidade Nacional de Misións, así como en diferentes institucións públicas e privadas, coma o Colexio de España en París, a Fundación Bilbao Arte ou o Museo de Arte Contemporánea na Coruña.
Participou en multitude de certames artísticos, coloquios, encontros, exposicións colectivas e proxectos autoxestionados dentro e fóra do país. Así mesmo, traballou coa Galería Ad Hoc de Vigo e foi membro do colectivo LIBA.
Traballa sobre a memoria, as migracións e a construción da paisaxe contemporánea a través de diferentes formatos e soportes documentais, explorando a fotografía, a escultura, o debuxo ou o vídeo, entre outros. A súa obra consiste en proxectos de investigación artística formalizados en instalacións e no dispositivo documental. No seu caso, a práctica artística e a investigación entrelázanse e converxen nun continuo volver ver, e invitan a reflexionar sobre o contexto galego e o ibérico.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo