Gabinete de Prensa
O Gabinete de Prensa da Deputación de Pontevedra encárgase de planificar, coordinar e desenvolver accións de comunicación que lles acheguen a actividade desta institución ós cidadáns, conscientes de que unha Administración aberta e transparente debe garantir a fluidez da comunicación coa sociedade.
Este servizo actúa fundamentalmente en catro eidos:
- Trasladándolle á cidadanía –a través dos medios de comunicación ou redes sociais– a actividade da institución
- Atendendo as demandas de información dos xornalistas
- Exercendo o labor de asesoramento dos diferentes servizos e persoas que forman parte da institución na súa relación cos medios de comunicación
- Facilitando a retroalimentación entre a sociedade e a institución
información
- Pazo provincial
- Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
- +34 986 804 100
- prensa@depo.es