#INFRAESTRUTURAS
Estadísticas de seguridade viaria
Dende a Deputación de Pontevedra, estanse levando a cabo múltiples actuacións para mellorar a seguridade viaria e fomentar o calmado do tráfico nas diferentes estradas da nosa competencia coa finalidade de que os datos de sinistralidade viaria descendan para aproximarnos á cifra ideal de cero mortos en estradas provinciais.
As actuacións levadas a cabo, encamiñadas á mellora da seguridade priorizando os colectivos máis vulnerables, comezaron a materializarse sobre todo a partir do ano 2017 coa execución da primeira fase do plan Móvese, ademais doutros proxectos plantexados sempre coa filosofía dunha mellora da seguridade viaria.
Análise de accidentalidade na rede de estradas da Deputación de Pontevedra