Verónica

Hebe sp.

Verónica

Familia:Plantaginaceae

Planta perenne

Arbusto ornamental

Floración: no verán e no outono

Orixe: nativa de Nova Zelandia.

Descrición xeral: o xénero está formado por máis de 100 especies de arbustos, con follas atractivas de diferentes tonalidades e espigas florais que xorden das súas axilas. Hai dous grupos principais: un de folla ancha, que se corresponde con arbustos de crecemento rápido, follaxe agradable e abundantes espigas de flores pequenas que varían desde o branco ao rosa, malva ou azul; e outro de folla pequena, con aspecto de coníferas ananas e con flores de cor branca ou malva clara.

Necesidades e cultivo: adáptanse mellor a climas temperados, onde se desenvolven ben a pleno sol ou na sombra; se o clima é frío, prefiren exposicións ao sol. Crecen mellor cando o solo é húmido pero está ben drenado. Recoméndase podalo despois da floración.