Tuiopse
Thujopsis dolabrata (L.f.) Siebold & Zucc.
Familia: Cupressaceae
Árbore perennifolia
Orixe: nativa do Xapón.
Porte e altura: pode alcanzar os 35 m de altura; a súa copa é densa e de forma piramidal, ás veces de porte arbustivo, co tronco ramificado preto do chan.
Follas: escamiformes, dispostas en catro filas, co feixe de cor verde escura brillante e co envés branco.
Froito: conos subglobosos de pequeno tamaño (de 13 a 18 mm).
Outros datos: a cortiza é de cor marrón-avermellada e vólvese agrisada coa idade; exfóliase en longas tiras.
Utilidades e curiosidades: é unha especie de interese forestal e ornamental. A súa madeira é lixeira, amarelada, moi resistente e duradeira, con numerosas aplicacións.
Necesidades e cultivo: crece facilmente, tanto a pleno sol coma baixo sombra parcial. A exposición a ventos fríos e fortes pode ser prexudicial para as plantas novas. Crece na maioría de solos, pero prefire os solos húmidos e ben drenados.