Teixo de Hokkaido (cast. tejo de Hokkaido)
Cephalotaxus harringtonia (Siebold & Zucc.) Koidz.
Sinónimo: Cephalotaxus harringtonii (Knight ex J. Forbes) K. Koch
Familia:Taxaceae
Árbore perenne
Orixe: Xapón e China.
Porte e altura: pode acadar os 10 m de altura; normalmente o seu crecemento é arbustivo e o porte depende da variedade empregada.
Follas: subdísticas, lineais ou lanceoladas, dispostas en espiral, pequenas, de arredor de 5 cm de longo. Coa face de cor verde escura brillante e con dúas bandas brancas polo envés. Son semellantes as do teixo.
Froito: carnoso, semellante a unha ameixa pequena, aparece só nos pés femininos cando hai polo menos un exemplar masculino para que se efectúe a polinización.
Outros datos: presenta unha cortiza de cor gris avermellada. Especie dioica de crecemento lento.
Utilidades e curiosidades: o seu uso principal é ornamental; emprégase como exemplar illado en xardíns ou para formar sebes. Algúns dos seus cultivares úsanse moito en xardinería.
Necesidades e cultivo: é unha conífera de crecemento lento. Require de moita humidade, presenza de materia orgánica e solos ácidos e ben drenados. Resiste ben as xeadas. Prefire unha exposición parcial ao sol. Admite ben a poda, aínda que non é necesaria.