Suga do Canadá
Tsuga canadensis (L.) Carrière
Familia: Pinaceae
Árbore perennifolia
Orixe: Parte oriental de América do Norte, leste do Canadá e dos Estados Unidos
Porte: a súa copa é cónica; pode acadar os 30 m de altura
Follas: aciculares, aplanadas, pecioladas co bordo finamente denticulado e co ápice redondeado. Son de cor verde na parte superior e presentan dúas bandas brancas no envés
Froito: conos de pequeno tamaño, ovoides, colgantes, con escamas ovadas e con forma de cuña
Outros datos: a súa casca é de cor parda ou marrón-avermellada, escamosa e gretada, moi rica en taninos. As poliñas son amarelas ou marróns, densamente pubescentes
Utilidades: a súa madeira branda pero sólida emprégase para as estruturas das casas, o revestimento de embarcacións e a pasta de papel. En Galicia só se usa con fins ornamentais
Necesidades: require climas húmidos con influencia fría. Tolera ben o sol en climas frescos, preferentemente espazos a media sombra, pero non resiste a seca prolongada, especialmente cando as plantas son novas. O solo debe ser húmido, pero con boa drenaxe, xa que non soporta os encharcamentos