Sobreira

Quercus suber L.

Sobreira

Familia: Fagaceae

Árbore perennifolia

Orixe: nativa da rexión mediterránea occidental; especie autóctona de España.

Porte e altura: pode alcanzar os 25 m de altura; porte de copa ampla e redondeada.

Follas: simples, persistentes, alternas, ovaladas ou redondeadas, coa marxe lisa ou lixeiramente dentada, co feixe verde escuro e co envés esbrancuxado, tomentoso.

Froito: landra recuberta por unha cúpula acampanada formada por escamas alongadas.

Outros datos: a súa cortiza é gris, moi grosa e profundamente gretada.

Utilidades e curiosidades: a súa madeira é pesada, dura e de moi boa calidade; é moi apreciada en construción naval e para fabricar toneis debido á súa resistencia á humidade. A súa cortiza emprégase en tapóns e illantes de todo tipo (térmicos, sonoros...), ademais de para confeccionar roupa e calzado. Tradicionalmente, a cortiza empregábase tamén para elaborar colmeas. Hai exemplares de grandes dimensións en Galicia, algúns deles incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras. É unha especie moi lonxeva que pode alcanzar facilmente os 500 anos de idade. Amais, úsase con fins ornamentais e aliméntase o gando coas súas landras.

Necesidades e cultivo: crecemento desde o nivel do mar ata aproximadamente os 1.000 m de altitude. Prefire solos ácidos, necesita máis humidade que a aciñeira e non tolera ben as xeadas extremas continuadas.