Salvia piña (cast. salvia piña)

Salvia elegansVahl

Salvia piña (cast. salvia piña)

Familia:Lamiaceae

Planta semiperenne

Orixe: México e Guatemala.

Porte e altura: planta herbácea, moi ramificada, de talo cuadrangular, que acada ata os 1,50 m de altura na época de brotación.

Follas: opostas, pecioladas, entre ovaladas e elípticas, pubescentes, de cor verde amarelenta e intenso aroma a piña.

Flores: hermafroditas, tubulares, de cor vermella escarlata moi rechamante. Florece no verán e no outono.

Utilidades e curiosidades: emprégase como planta ornamental illada, como conxuntos bordeando muros ou en macizos florais variados, rocallas e tamén en maceta. É moi valorada pola súa fermosa floración vermella, que contrasta moi ben co verde das súas follas. Tanto as flores coma as follas son comestibles e moi aromáticas.

Necesidades e cultivo: é unha especie de rápido crecemento. Necesita moita luz e é recomendable plantala a pleno sol pero protexida de ventos fortes. É sensible ás baixas temperaturas, pero non resiste ben as xeadas. É recomendable podala despois da floración para saneala.