Rododendro

Rhododendron spp.

Rododendro

Familia: Ericaceae

Arbusto xeralmente perenne

Floración na primavera e no inverno

Orixe: a maioría de especies proceden de Asia, aínda que algunhas son orixinarias de América do Norte e Europa.

Porte e altura: varían dependendo da especie; algunhas se manteñen como pequenos arbustos, como ocorre coas azaleas, e outras poden chegar a adquirir porte arbóreo e alcanzar ata 15 m de altura. O crecemento é xeralmente aberto e redondeado.

Follas: dispostas en espirais compactas, xeralmente ovaladas e o seu tamaño (de 25 mm ata 60 cm) depende da especie e da variedade. Hai especies perennes e caducas.

Flores: de 5 ou máis pétalos; adoitan formar inflorescencias terminais (glomérulos) nos extremos das ramas.

Outros datos: plantas de talos leñosos.

Utilidades e curiosidades: Rhododendron é un xénero espectacular moi utilizado en xardinería que abarca unha amplísima variedade de especies (ao redor de 950) e numerosos híbridos comerciais. Cultívase principalmente pola súa abundante e impresionante floración, con flores de tamaños moi variables e cunha ampla gama de cores.

Necesidades e cultivo: aínda que as súas preferencias climáticas varían considerablemente, comparten os mesmos requisitos xerais de cultivo. Prefiren solos ácidos, non compactos, húmidos pero ben drenados e aireados. Non resisten ben a exposición directa ao sol e recoméndase cultivalas baixo sombra parcial. Non toleran climas moi cálidos con altas temperaturas continuadas; o rango óptimo de temperatura para a maioría das especies está entre os 15 e os 25 ºC. A resistencia ás xeadas varía segundo a especie. Recoméndase podala despois da floración.