Pradairo de Grosser
Acer davidii Franch. ssp. grosseri (Pax) De Jong
Familia: Sapindaceae
Árbore caducifolia
Floración primaveral
Coloración outonal
Orixe: especie nativa da China.
Porte e altura: pode acadar os 10 m de altura, crecemento arbustivo.
Follas: caducas, con forma triangular-ovada de menos de 7 cm de lonxitude, ás veces con 3 lóbulos suavemente marcados, con marxes serradas.
Flores: amareladas, dispostas en acios colgantes.
Froito: sámara de entre 1 e 2 cm de lonxitude, con ás case horizontais.
Outros datos: a súa cortiza é lisa, de cor verde agrisada con raias brancas ou verde clara.
Utilidades e curiosidades: valor ornamental. Especie apta para a súa plantación en rúas urbanas.
Necesidades e cultivo: prefire solos neutros ou lixeiramente ácidos.