Planta espello
Coprosma x kirkii ‘Variegata’ Cheeseman.
Familia: Rubiaceae
Planta perenne
Arbusto ornamental
Orixe: variedade híbrida obtida en Nova Celandia (C. acerosa × C. repens).
Porte e altura: arbusto de porte rastreiro, moi ramificado.
Follas: estreitas e oblongas, perennes, brillantes, de cor verde agrisada con bordes branco crema.
Flores: de cor branca, moi pequenas, non teñen valor ornamental.
Outros datos: arbusto de rápido crecemento.
Utilidades e curiosidades: o seu uso é exclusivamente ornamental e é amplamente cultivado. Recomendado en formación de aliñacións, bordes, macizos e rocallas. Útil como tapizante denso e para o control da erosión. Apto para lugares costeiros.
Necesidades e cultivo: non exixente co solo, medra ben en todo tipo de solos ben drenados. Require rega moderada, exposición a pleno sol ou semisombra, tolera ben o frío, pero non as xeadas persistentes. Resistente á seca e á salinidade elevada. Gran resistencia á poda.