Planta de incenso (cast. pIanta de incienso)
Plectranthus glabratus(Benth.) Alston
Sinónimo: Plectranthus coleoides (Benth.)
Familia:Lamiaceae
Planta perenne
Orixe: zonas cálidas do hemisferio sur: India, Australia, África e Indonesia.
Porte e altura: planta herbácea de porte rastreiro ou colgante.
Follas: pequenas, de ata 3 cm de longo, de cor verde con bordos dentados e marxinados de branco ou crema.
Flores: dispostas en acios, moi pequenas, de cor branca ou púrpura clara, sen moito valor ornamental
Utilidades e curiosidades: emprégase como planta ornamental de interior ou exterior. Decorativa pola coloración das súas follas. Valorada tamén polo seu aroma agradable, que recorda moito ao do incenso e que actúa como antimosquitos.
Necesidades e cultivo: é unha especie de rápido crecemento, moi común. Necesita moita luz, pero non é recomendable colocala nun lugar con exposición directa ao sol. Débese plantar nun lugar protexido, xa que é sensible ás baixas temperaturas. Débese podar antes da primavera para saneala.