Pitósporo de Queensland
Pittosporum undulatum Vent.
Familia:Pittosporaceae
Árbore perennifolia
Floración: entre inverno e primavera
Orixe: Sueste de Australia
Porte: copa máis ou menos redondeada; pode acadar entre 7 e 10 m de altura
Follas: oblongo-lanceoladas, acuminadas, coa marxe lisa e ondulada, de cor verde brillante pola parte superior, máis pálida polo envés, e de textura coriácea; dispostas de forma alterna, pero con frecuencia agrupadas cara ao extremo das poliñas
Froito: cápsula case globular, lisa, con valvas coriáceas, de cor alaranxada
Flor: brancas, moi aromáticas, pequenas, dispostas en acios terminais de poucas flores. Son femininas ou bisexuais, pero funcionalmente unisexuais
Outros datos: a súa casca é agrisada escura, rugosa, e tórnase gretada cos anos. De crecemento rápido
Utilidades: árbore ornamental usada como planta illada ou para formar sebes. Cultívase polas súas flores aromáticas e pola súa follaxe ondulada. A súa madeira é dura e de gran fino, e emprégase en tornaría, para gravados e na fabricación de paus de golf e cróquet. Existe un cultivar de follas variegadas, 'Variegatum'
Necesidades: require solos ben drenados, neutros ou algo ácidos, e estar exposto a pleno sol ou a unha lixeira sombra; soporta ben o frío, se non é moi intenso, e a falta de auga