Piñeiro silvestre (cast. pino albar, pino silvestre)

Pinus sylvestris L.

Piñeiro silvestre

Familia:Pinaceae

Árbore perennifolia

Orixe: boa parte de Europa e Asia.

Porte e altura: pode acadar os 40 m de altura; de copa cónica nos exemplares novos e forma cónico-piramidal nos adultos, e con follas unicamente na parte superior nos exemplares vellos. O seu tronco medra moi recto.

Follas: aciculares, dispostas en grupos de dúas, curtas en comparación con outras especies de piñeiro, ríxidas, de cor verde escura azulada e acanaladas na súa cara interna.

Froito: piña con forma ovoide ou cónica, simétrica de forma xeral, de 3 a 8 cm de longo.

Outros datos: a súa cortiza, grosa, que se desprende en placas, é de cor parda agrisada cara á base e de cor alaranxada na parte superior.

Utilidades e curiosidades: a madeira obtida a partir do seu tronco recto e con poucos nós é de gran calidade e emprégase en numerosos traballos de ebanistería, carpintería ou construción industrial. Especie con valor ornamental, moi cultivada en parques e xardíns de toda España e usada tamén con moita frecuencia en plantacións artificiais. É unha das especies de piñeiro máis estendidas no noso país.

Necesidades e cultivo: especie non exixente co tipo de solo mentres estea ben drenado. Prefire climas fríos e húmidos.