Piñeiro manso
Pinus pinea L.
Familia: Pinaceae
Árbore perennifolia
Orixe: Rexión mediterránea
Porte: pode superar os 25 m de altura; desde o seu fuste único, o tronco divídese en pólas (ascendentes) do mesmo grosor, o que lle outorga unha copa redondeada ou aparasolada característica
Follas: aciculares, de 10 a 20 cm, flexibles, arqueadas, de cor verde azulada, dispostas en pares
Froito: conos masculinos como amentos, en grupos; os femininos, ovado-esféricos, de extremo redondeado, tardan tres anos en madurar e poden permanecer varios anos na árbore
Outros datos: a súa casca é de cor parda alaranxada ou marrón avermellada, grosa, agretada e con placas alongadas
Utilidades: na rexión mediterránea cultívase para aproveitar os piñóns, que se atopan entre os maiores do xénero e son comestibles, moi empregados en pastelería. Posúe un grande interese ornamental pola súa copa aparasolada. A súa madeira é de boa calidade, pero moi resinosa, o que a fai pouco atractiva para a industria e a artesanía
Necesidades: é unha árbore moi rústica, de extremos, que pode soportar a seca e as altas temperaturas por riba dos 40 ºC, e tamén as baixas ata os –20 ºC. Isto permitiulle estenderse por amplas rexións de climas moi diferentes (continental e costeiro), así como por altitudes de entre 0 m e 1.200 m sobre o nivel do mar. Aínda que prefire chans ácidos e areosos, tolera bastante ben os arxilosos e calcarios