Piñeiro de Alepo
Pinus halepensis Mill.
Familia:Pinaceae
Árbore perennifolia
Especie monoica
Orixe: Rexión mediterránea
Porte: pode acadar os 22 m de altura; de copa clara pouco densa e forma irregular, co tronco ás veces tortuoso
Follas: aciculares, de cor verde clara, fasciculadas en grupos de dos, finas e flexibles, de menos de 1 mm de grosor e de 6 a 15 cm de lonxitude
Froito: os conos femininos son alongados, de forma ovada a cónica, e miden de 5 a 12 cm de longo; as brácteas teñen os escudetes case planos. Tenden a quedarse en paralelo con respecto ao pedúnculo que as sostén, e este queda retorto. Mantéñense abertas e secas na árbore durante varios anos, polo que as pólas aparecen moi sobrecargadas de piñas
Outros datos: a súa casca é de cor gris prateada e coa idade vai gretándose na base do tronco
Utilidades: a madeira emprégase en traballos de pouca calidade. Especie moi cultivada en parques e xardíns de toda España e moi utilizada en plantacións artificiais na rexión mediterránea
Necesidades: na península ibérica ocupa zonas de baixa altitude e forma bosques potenciais en climas semiáridos, e incluso secos ou subhúmidos, en condicións edáficas limitantes