Piñeiro blanco chino
Pinus armandii Franch
Familia: Pinaceae
Árbore perennifolia
Orixe: A China occidental e central e norte de Myanmar
Porte: a copa é cónica en árbores novas e transfórmase en redondeada e de ramificación irregular coa idade. Pode acadar entre os 25 e 35 m de altitude e un diámetro de tronco de 1,5 m
Follas: aciculares, colgantes, finas, de 8 a 20 cm de longo, dispostas en fascículos de cinco, cunha vaina caduca
Froito: conos masculinos en acios espirais na base dos novos gromos; os femininos erectos, que se volven pendulares e caen despois de que as sementes sexan dispersadas
Outros datos: a súa cortiza é lisa, marrón-agrisada, gretada en exemplares adultos
Utilidades: as súas sementes son colleitadas e vendidas como piñóns, e a madeira emprégase para a construción. A especie é importante en plantacións forestais nalgunhas zonas da China. Tamén é cultivada como árbore ornamental en parques e xardíns de Europa e de América do Norte
Necesidades: medra a altitudes de 1.000 a 3.300 m no seu lugar de orixe. Prefire solos lixeiramente ácidos e ben drenados