Palmeira Cunningham
Archontophoenix cunninghamiana (H. Wendl.) H. Wendl. & Drude
Familia: Arecaceae
Palmeira
Especie monoica, flores unisexuais
Orixe: leste de Australia
Porte: palmeira de tronco simple, anelado, que pode acadar os 20 m de altura
Follas: pinnadas, curvadas, con folíolos longos, verdes en ambas as caras, que poden chegar a medir algo máis de 2 m
Froito: esférico, vermello e de pequeno tamaño
Flor: inflorescencia ramificada, colgante, que nace baixo o capitel con flores unisexuais de cor violeta
Outros datos: tronco anelado e delgado que se ensancha un pouco na base, e un capitel fino que o une coa coroa de follas
Utilidades: pódense plantar formando grupos a diferentes alturas, en pés illados, aliñacións, decorando patios ou en xardíns reducidos, en testos para terrazas e interiores ben iluminados
Necesidades: palmeira delicada cando é pequena. O seu hábitat natural son os bosques chuviosos, polo que require un ambiente húmido, resistente a xeadas débiles (de ata -2 ºC) non prolongadas, propias das zonas resgardadas e do Mediterráneo. Os exemplares adultos toleran o pleno sol, pero é mellor plantalos en espazos de sombra ou semisombra, sobre todo se a palmeira é nova, xa que non soporta ben o sol forte e os ventos secos producen queimaduras nas follas. É preferible plantalos en solos ricos en materia orgánica