Palmeira canaria

Phoenix canariensis Chabaud

Palmeira canaria

Familia:Arecaceae

Palma arbórea

Floración primaveral

Especie dioica

Orixe: As Illas Canarias

Porte: pode acadar os 25 m de altura. Trátase dunha palma arbórea de tronco recto e robusto; no seu extremo atópanse numerosas follas arqueadas que forman unha copa esférica de cor verde

Follas: pinnadas, arqueadas, de 5 a 6 m de lonxitude, compostas por entre 150 a 200 pares de folliñas acuminadas de cor verde brillante, distribuídas formando unha coroa moi frondosa

Froito: son drupas non comestibles, con forma globosa-ovoide que, ao madurar no outono ou no inverno, adquiren unha cor amarela-alaranxada

Flor: moi pequenas, de cor crema. Presentan flores masculinas e femininas en individuos distintos

Outros datos: o tronco non está ramificado pero si recuberto das bases das follas xa caídas

Utilidades: especie amplamente empregada como ornamental, moi presente na maioría dos xardíns públicos e privados. É unha das palmeiras máis cultivadas do mundo. Representaban o símbolo do triunfo e as súas follas empregábanse no Domingo de Ramos. Na actualidade, estamos a sufrir a perda masiva dos exemplares presentes nos nosos xardíns debido ao ataque dunha praga orixinaria das rexións tropicais do sueste asiático, o picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus), que as defolia e as mata en pouco tempo. Esta praga está a ser fulminante para a especie no noso contorno

Necesidades: é unha especie que non resiste ben o frío e crece preferentemente por baixo dos 1.000 m de altitude. Tolera solos diversos e a proximidade ao mar