Olmo

Ulmus minor Mill.

Olmo

Orixe: nativa do norte de África, Europa e Asia occidental.

Árbore caducifolia

Porte e altura: pode alcanzar os 35 m de altura; copa densa e de forma variable, aínda que frecuentemente ovoide.

Follas: simples, alternas, ovais e con forma de corazón simétrica na base. De entre 3,5 e 12 cm de lonxitude, pecioladas, coa marxe dobremente dentada. A cara superior é rugosa e o envés de cor máis clara e lixeiramente tomentosa.

Flores: de cor verdosa e dispostas en grupos sobre as poliñas dun ano; pouco vistosas e sen valor ornamental.

Froito: aparece antes que as follas e é seco. Trátase dunha semente con cuberta membranosa a xeito de á (sámara) para favorecer a súa dispersión polo vento.

Outros datos: a súa cortiza é marrón ou gris escura.

Utilidades e curiosidades: desde a antigüidade emprégase moito como árbore ornamental nas rúas e prazas das vilas ou en plantacións lineais ao longo de estradas, aínda que durante os últimos anos a súa poboación se reduciu por un problema fitosanitario que lle afectou seriamente (a enfermidade da grafiose, causada polo fungo Ceratocystis ulmi). A madeira, de cor marrón avermellada, dura, pesada, duradeira e elástica, emprégase en construción naval, carpintería e obras de exterior. As follas utilízanse como forraxe para o gando.

Necesidades e cultivo: tolera o frío e a calor. É unha especie que está ben establecida en Galicia, adáptase a unha gran variedade de tipos de solos, excepto os salinos. Require humidade, polo que crece ben en fondos de vales, beiras de ríos ou bosques frescos.