Nogueira negra
Juglans nigra L.
Nome común: nogueira negra
Familia: Juglandaceae
Árbore caducifolia
Orixe: nativo do este de América do Norte
Porte e altura: pode acadar entre 20 e 30 m de altura; de crecemento vertical na etapa xuvenil, con ramas ascendentes e porte cónico ou piramidal; na madurez, a súa copa vólvese ampla.
Follas: alternas, compostas, con foliolos dentados.
Flor: planta unisexual, cuxas flores se agrupan en amentos ao final das ramas. As masculinas son longas e colgantes mentres que as femininas son máis pequenas e forman grupos.
Froitos: noces, redondas e rugosas, cunha cáscara grosa que contén unha deliciosa semente comestible. A súa maduración ten lugar no outono.
Outros datos: a súa cortiza é de cor gris escura e caracterízase por ter fendas estreitas e profundas.
Utilidades e curiosidades: a nogueira negra é unha árbore importante desde o punto de vista produtivo e comercial. As súas noces son comestibles e moi saborosas. A súa madeira é moi apreciada e moi empregada pola súa cor escura, a súa durabilidade e o seu fermoso veado. Posúe tamén valor ornamental.
Necesidades e cultivo: tolera moita variedade de solos, pero medra mellor naqueles cun bo contido orgánico e ben drenados.