Mirto
Myrtus communis L.
Familia: Myrtaceae
Planta perenne
Arbusto ornamental
Floración na primavera e no verán
Orixe: nativa do sueste de Europa e do norte de África.
Porte e altura: arbusto que pode alcanzar os 5 m de altura.
Follas: opostas e agudas. Son de cor verde escura polo feixe e verde clara polo envés, con glándulas oleíferas transparentes.
Flores: de cor branca, pequenas e solitarias. Están compostas por 5 pétalos e teñen forma estrelada; moi aromáticas.
Froito: baga comestible de pequeno tamaño (de 1 a 1,5 cm) con varias sementes no seu interior. É de cor morada escura, case negra.
Outros datos: é un arbusto denso e moi aromático.
Utilidades e curiosidades: utilízase como planta ornamental, ben de forma illada ou para a formación de sebes. As súas bagas comestibles empréganse para elaborar licor. Ten propiedades medicinais e tamén se usa en cosmética e perfumería. A súa madeira é apreciada en ebanistería e torneado.