Marmeleiro de flor (cast. membrillero de flor)
Chaenomeles japonica (Thunb.) Lindl. ex Spach
Familia:Rosaceae
Arbusto caduco
Orixe: Asia oriental.
Porte e altura: acada de 3 a 5 m de altura; porte arbustivo moi ramificado.
Follas: alternas, ovaladas e de cor verde brillante.
Flores: de cor vermella-alaranxada, son pequenas, de arredor de 3 cm de diámetro. Adoitan aparecer antes das follas na primavera, aínda que en ocasións ten lugar unha segunda floración entre o final do verán e no outono.
Froito: redondeado, de pequeno tamaño, aromático e comestible, semellante a unha mazá, de cor amarelenta cando madura.
Utilidades e curiosidades: arbusto espiñento moi decorativo, ben sexa polas súas flores de cor intensa como polos seus froitos, os cales se empregan para facer marmelada. En xardíns pode usarse para formar sebes, xunto a muros, macizos arbustivos ou como exemplar illado.
Necesidades e cultivo: arbusto rústico, non moi exixente co tipo de solo, pero este debe ter boa drenaxe. Admite exposicións a pleno sol ou a media sombra e resiste o frío e o vento. Recoméndase podar despois da floración.