Loropétalo
Loropetalum chinense (R. Br.) Oliv.
Familia: Hamamelidaceae
Arbusto perennifolio
Floración de inverno a primavera e finais de verán
Orixe: especie nativa do Himalaia, da China e do Xapón.
Porte e altura: arbusto leñoso moi ramificado que pode alcanzar os 2 m de altura; con ramificación horizontal e de porte aberto.
Follas: persistentes, alternas, ovaladas, de ápice apuntado e de coloración variable, que pasa dos tons verdes aos avermellados e púrpuras dependendo da variedade. Os novos brotes son, polo xeral, pubescentes.
Flores: moi características e rechamantes, con pétalos anchos e finos de cores rosadas intensas en forma de flocos; fragrantes.
Utilidades e curiosidades: posúe gran valor ornamental para o seu uso en xardinería, ideal para bordos e macizos. Existen distintas variedades de cores de follaxe e flores variables.
Necesidades e cultivo: é unha planta de fácil cultivo que non esixe gran mantemento. Adáptase mellor a climas temperados, con exposición ao sol ou baixo sombra parcial, con solos ácidos e ben drenados. Non resiste ben as xeadas fortes e continuadas.