Lantana rastreira

Lantana montevidensis (Spreng.) Briq.

Lantana rastreira

Familia:Verbenaceae

Arbusto perennifolio

Floración: de primavera a outono

Orixe: especie nativa das rexións subtropicais e tropicais de América do Sur.

Porte e altura: arbusto moi ramificado, con hábito rastreiro e ramificación horizontal.

Follas: persistentes, pequenas, ovaladas, con marxe dentada e aspecto rugoso debido ás marcadas nervacións. Adquiren unha tonalidade púrpura escura co frío.

Flores: inflorescencias redondeadas compostas de pequenas flores de cor rosa-púrpura, branca ou amarela, dependendo da variedade. En climas temperados, a floración é abundante e de longa duración.

Froitos: redondeados, de pequeno tamaño e de cor negra; velenosos.

Utilidades e curiosidades: ten gran valor ornamental para o seu uso en xardinería. É ideal para bordos e coberturas ou como planta colgante.

Necesidades e cultivo: é unha planta de fácil cultivo que non esixe gran mantemento. Adáptase mellor a climas temperados, con exposición ao sol ou sombra parcial, e a solos ácidos e ben drenados. Recoméndase podala a finais do inverno para conseguir exemplares máis compactos. Non resiste ben as xeadas continuadas.