Hedra
Hedera spp.
Familia:Araliaceae
Planta rubideira
Folla perenne
Orixe: existen arredor de 15 especies de Hedera nativas dos arquipélagos da Macaronesia, no océano Atlántico, ao norte de África; do noroeste de África, do centro-sur de Asia e do leste do Xapón
Porte: cando se estenden a nivel do chan (é dicir, cando se comporta como rastreira), non superan os 5 ou os 20 cm de altura; en cambio, cando ascenden por unha superficie (capacidade rubideira), ben sexa unha árbore, unha parede ou calquera estrutura, poden superar os 30 m de altura
Follas: de dous tipos. As xuvenís son palmado-lobuladas e as adultas, enteiras. A cor e o tamaño dependen da especie e da variedade
Froito: son bagas de cor negra púrpura ou amarela segundo a especie
Flor: pequenas, dispostas en acios compostos por numerosas umbelas
Outros datos: adhírense ás superficies mediante raíces adventicias
Utilidades: uso ornamental como tapizante para revestimento de superficies como muros e valos ou como planta en testo colgante. Emprégase tamén con fins medicinais. A especie máis coñecida é Hedera helix, da que existen numerosas variedades recoñecidas con distintas variegacións e tamaños de folla
Necesidades: as hedras adáptanse a unha ampla variedade de condicións, solos e climas. Recoméndase podalas de forma periódica para conservar as súas decorativas follas xuvenís e evitar a formación de flores. As características de cultivo son específicas de cada especie