Flor do tabaco
Cuphea ignea A. DC.
Familia: Lythraceae
Arbusto ornamental
Floración longa (primavera a outono)
Orixe: nativa de México e das Antillas.
Porte e altura: pode acadar os 60 cm de altura.
Follas: pequenas, perennes, opostas, elípticas ou oblongo-lanceoladas e de cor verde viva.
Flores: pequenas (de 2 a 3 cm), crecen solitarias, con forma tubular de cor vermella alaranxada, con borde branco e sombra de cor púrpura no extremo.
Utilidades e curiosidades: especie de interese ornamental polas súas flores.
Necesidades e cultivo: non resiste ben as xeadas, polo que é recomendable, no inverno, cubrir o pé da planta con cortiza de piñeiro ou material similar para protexela do frío.
Moi fácil de propagar e cultivar. Crece ben ao sol ou con sombra parcial. Necesita regas moderadas sen empozamentos. Recoméndase unha poda a finais do inverno ou comezos de primavera para unha formación máis compacta da planta.