Figueira rubideira
Ficus repens Roxb. ex Sm.
Familia: Moraceae
Planta rubideira perenne
Orixe: leste de Asia (A China e O Xapón) e Australia
Porte: planta rastreira ou rubideira. Os seus talos poden acadar entre 2 e 4 m de longo
Follas: simples, de 2 a 3 cm de lonxitude, de cor verde escura e forma de corazón, coa marxe lisa. Forman unha follaxe densa
Froito: son figos, de cor verde algo púrpura, que miden entre 5 e 8 cm de lonxitude
Flor: moi pequenas; non teñen valor ornamental
Outros datos: as ramas que dan froito son máis fortes e robustas; carecen de raíces aéreas e as súas follas son máis grandes que as do resto da planta. Tamén se lle coñece como "ficus rastreiro", "tapizante" ou "anano"
Utilidades: o seu uso é exclusivamente ornamental, ben como planta de interior colgante en testo ou en exterior como planta tapizante. Adhírense ben a superficies rugosas e porosas. O seu aspecto cambia coas estacións. Esta planta tamén pode recrear un ambiente moi especial como pano de fondo para outras rubideiras de flor
Necesidades: medra ben en climas suaves; débese evitar o sol directo, que provoca a perda de cor nas follas. Non soporta o frío extremo nin as xeadas nocturnas continuadas