Feixoa
Acca sellowiana (O. Berg) Burret
Feijoa sellowiana (O. Berg) O. Berg
Familia: Myrtaceae
Árbore perenne
Floración: de maio a xuño-xullo
Especie monoica, hermafrodita
Orixe: América do Sur
Porte: árbore de porte baixo, cunha altura media de 2 a 4 m, que acada ata 7 m no seu lugar de orixe
Follas: perennes, elípticas, de entre 4 e 8 cm de longo, de marxe enteira ou lixeiramente ondulada, con disposición oposta ao longo da rama. De cor verde escura brillante na parte superior e de tonalidade esbrancuxada tomentosa no envés
Froito: é unha baga de cor verde agrisada, de forma variable dependendo da variedade (redondeada, ovoide ou oblonga),e ten entre 3 e 8 cm de longo. A súa pel é de cor verde, coriácea e pode ser lisa ou rugosa. A súa polpa é esbrancuxada, moi aromática e de sabor doce. O seu peso varía entre os 25 e os 60 g. Colléitanse no outono
Flor: moi vistosas; aínda que normalmente son solitarias, poden agruparse en conxuntos de 3 a 5. Son pedunculadas e posúen catro sépalos e catro pétalos carnosos brancos no exterior e vermellos ou rosados na parte interna; son comestibles, de sabor doce. Cada flor posúe entre 60 e 125 estames con filamentos de cor vermella que sobresaen entre os pétalos
Outros datos: pode reproducirse por semente ou por calquera dos métodos de propagación vexetativa
Utilidades: ademais de como árbore froiteira, tamén é empregada como ornamental
Necesidades: é unha planta que se adapta moi ben a todo tipo de climas e solos. Resiste temperaturas frías de –16 ºC, e tamén soporta a falta de auga, aínda que isto afectaría a súa produción, xa que para que os froitos acaden un bo tamaño debe regarse a planta. O sistema de cultivo máis aconsellado é a formación en vaso. A distancia entre filas varía entre 3 a 5 m e na mesma fileira de 2 a 4 m, e recoméndase colocar as variedades de forma alterna para conseguir unha boa polinización