Falsa zarzaparrilla
Hardenbergia violacea (Schneev.) Stearn
Familia: Fabaceae
Rubideira de folla caduca
Floración: desde febreiro ata finais da primavera
Orixe: nativa de Australia
Porte e altura: rubideira, de crecemento vigoroso e rápido, pode superar de forma dirixida os tres metros de altura.
Follas: coriáceas, de entre 10 e 12 cm de lonxitude e con forma óvalo-lanceolada, de marxe lisa e cor verde media.
Flor: pequenas, de cor violeta e con forma de bolboreta, dispostas en densos acios axilares de entre 20 e 30 unidades.
Froito: vainas aplanadas e longas, que conteñen entre 6 e 8 sementes no seu interior
Utilidades e curiosidades: empregada como rubideira ornamental, moi apreciada polas súas fermosas flores de cor lila. Ideal para cultivar xunto a unha espaleira, valo ou pérgola. O xénero débelle o seu nome a Franziska, condesa von Hardenberg, irmá do barón Carl von Hügel, diplomático austrohúngaro, viaxeiro e coleccionista botánico do século XIX.
Necesidades e cultivo: de crecemento rápido. Prefire exposicións soleadas ou de media sombra, aínda que florece mellor a pleno sol. Precisa chans húmidos e ben drenados; non tolera as temperaturas moi baixas e convén situala nun lugar resgardado de fortes ventos.