Espirea do Xapón (cast. espirea del Japón)
Spiraea japonica L.f.
Familia:Rosaceae
Planta semiperenne
Orixe: China e Xapón.
Porte e altura: arbusto ornamental, de porte non moi denso e baixa altura, ata 1,5 m.
Follas: alternas, de entre 2,5 e 7,5 cm de longo, ovado-lanceoladas, de marxe serrada.
Flores: moi pequenas, dispostas en corimbos terminais, de cor rosa intensa (existen cultivares doutras cores). Florece entre primavera e finais do verán.
Utilidades e curiosidades: o seu uso é exclusivamente ornamental; pódese empregar como exemplar illado, para formar macizos arbustivos ou en testo.
Necesidades e cultivo: é unha especie que medra ben en climas tépedos; pode resistir xeadas non persistentes, prefire exposicións a pleno sol ou a media sombra, solos húmidos e ricos en nutrientes. Recoméndase podala despois da floración para retirar as flores secas e favorecer a brotación.