Cotoneaster horizontal
Cotoneaster horizontalis Decne.
Familia: Rosaceae
Arbusto caducifolio
Floración: primaveral
Orixe: montañas do oeste da China
Porte: arbusto semipostrado con ramalletes horizontais aplanados de pólas que se van superpoñendo en estratos ríxidos ata de 1 m de alto e 2,5 m de ancho. As pólas están dispostas en forma de espiña de pescado
Follas: ovais, de 6 a 12 mm, alternas, en disposición dística, mucronadas no ápice, de cor verde brillante pola parte superior e lixeiramente tomentosas e de cor esbrancuxado polo envés
Froito: de cor vermella escura vistosa
Flor: pequena, de cor carne
Utilidades: emprégase para formar rocallas, noiros e plantacións de base e, incluso, sebes. Popular en rexións frescas, onde a súa bonita follaxe adopta tons outonais bronceados, alaranxados e avermellados. É tamén un arbusto moi decorativo debido aos seus froitos de cor vermella, que persisten durante longo tempo
Necesidades: danse mellor a pleno sol en solos con boa drenaxe e medianamente fértiles. Non soportan a sombra intensa nin os lugares moi húmidos. Moi resistentes ao frío, xa que soportan ata temperaturas de –15 ºC. Pódanse no inverno