Cinamomo, melia

Melia azedarach L.

Cinamomo, melia

Familia:Meliaceae

Árbore caducifolia

Floración: de abril a maio

Orixe: zonas boscosas do norte da India e da China. Algúns autores sitúan a súa orixe no Himalaia

Porte: copa frondosa de porte aparasolado e tronco xeralmente curto; pode acadar os 15 m de altura

Follas: compostas, con folíolos grandes, irregularmente dentados, opostas e caedizas

Froito: globoso, de cor crema ou alaranxada cando madura; dispostos en grupos colgantes numerosos e moi característicos que permanecen na árbore unha vez se desprenden as follas

Flor: fragrantes, pequenas, de cor lila-azulada, dispostas en grupos axilares máis curtos que as follas

Outros datos: a súa cortiza é agrisada escura e lisa, e vaise gretando coa idade

Utilidades: a súa madeira, semellante á caoba, é de boa calidade e utilízase en ebanistería e na construción. Amplamente utilizado para reforestacións na China, na India, en América Central e en América do Sur. Os seus froitos posúen propiedades medicinais e insecticidas, pero son moi tóxicos e, consumidos en certa cantidade, poden producir a morte. En moitos lugares é unha especie invasora

Necesidades: soporta ben a seca estival, as xeadas, a poda severa e a contaminación. Ademais, é unha especie de rápido crecemento