Cimbro

Juniperus chinensis L.

Cimbro

Familia: Cupressaceae

Arbusto perennifolio

Variedade: 'Stricta'

Orixe: nativo da China, de Mongolia e do Xapón.

Porte e altura: pode alcanzar os 5 m de altura; crecemento compacto, estreito e piramidal.

Follas: poden ser de dous tipos, aciculares e escamiformes. A follaxe é densa, de cor verde azulada.

Froito: globoso e pequeno (de 5 a 7 mm).

Utilidades e curiosidades: úsase moito como arbusto ornamental en xardinería, ben para a formación de sebes ou como exemplares individuais en xardíns e rocallas. É un arbusto adecuado para espazos pequenos e para plantar en maceta.

Necesidades e cultivo: é un arbusto de fácil cultivo e de crecemento lento. Prefire exposicións a pleno sol ou sombra parcial. É resistente ao frío e ás xeadas, e adáptase ben a distintos tipos de solo.