Chopo negro, álamo negro
Populus nigra L.
Familia:Salicaceae
Árbore caducifolia
Floración: de marzo a abril
Especie monoica, flores unisexuais
Orixe: Europa, Asia suroccidental e norte de África. Na península ibérica probablemente non é autóctona, senón naturalizada a partir de antigos cultivos
Porte: porte erguido; pode acadar os 30 m de altura
Follas: forma máis ou menos romboidal, verdes e lampos polas dúas caras, coa marxe translúcida e dentada
Froito: cápsula elíptica, obtusa, pedicelada, parda e lampiña con dúas valvas
Flor: amentos masculinos longos (de 4 a 9 cm), avermellados, con flores de 6 a 25 estames; os femininos de 7a 15 cm de lonxitude, verdosos, con flores de 2 estigmas
Outros datos: a súa casca é agrisada esbrancuxada lisa ao principio e gretada lonxitudinalmente despois
Utilidades: o cultivar 'Italica' é o de maior interese ornamental polo seu porte entre columnar e piramidal. A madeira é branda, lixeira, empregada en carpintería para fabricar embalaxes e pasta de celulosa. Ao igual que o resto das especies do xénero Populus, é unha das principais árbores causantes de alerxias ao pole. O seu uso en espazos públicos está en regresión debido aos problemas de estabilidade que presenta cando supera entre os 20 e os 25 anos. Crece moi rápido
Necesidades: crece ben en todo tipo de solos, e mesmo soporta certa salinidade; tamén tolera ben a seca