Cerdeira maxenta
Sizygium paniculatum Gaertn.
Familia: Myrtaceae
Árbore perenne Floración: primaveral e outonal
Sinónimo: Eugenia myrtifolia Sims
Orixe: Zonas costeiras areosas de Nova Gales do Sur (Australia)
Porte: pode acadar os 15 m
Follas: opostas, con pecíolo de 3 a 6 mm de longo e lámina lanceolada-obovada ou elíptica de 5 a 9 cm de lonxitude, base atenuada, ápice acuminado e marxe enteira. De cor verde brillante, máis escura pola face que polo envés, con glándulas oleíferas puntiformes escasas e ben distribuídas. As follas dos brotes novos presentan unha coloración avermellada
Froito: de globoso a ovoide, de entre 15 a 25 mm de diámetro, xeralmente de cor maxenta, aínda que tamén pode ser rosado, avermellado ou púrpura. Mantén os restos carnosos do cáliz. As sementes son esféricas
Flor: inflorescencias cimosas, terminais e axilares, con flores brancas de numerosos estames, de filamentos longos
Outros datos: a súa cortiza é escamenta, fibrosa, de cor crema, rosada ou castaña. De porte arbóreo no seu lugar de orixe, aínda que xeralmente máis pequeno e arbustivo en cultivo
Utilidades: os seus froitos son comestibles, de sabor ácido, pero carecen de interese comercial. Emprégase como especie ornamental
Necesidades: require climas húmidos e tépedos e subtropicais; prefire solos fértiles e húmidos e exposicións a pleno sol, aínda que pode adaptarse e crecer a media sombra