Carballo de follas de castiñeiro

Quercus acutissima Carruth.

Carballo de follas de castiñeiro

Familia:Fagaceae

Árbore caducifolia

Floración: de marzo a maio

Especie monoica, flores unisexuais

Orixe: A China, O Xapón, Corea e O Himalaia

Porte: porte piramidal cando o exemplar é novo e ovalado con copa ancha cando adquire más idade; non excede os 20 m de altura

Follas: alternas, simples, oblongas, agudas, coa punta acuminada e marxe serrada, con dentes rematados nunha aresta. Glabras por ambas as caras, salvo nas axilas do envés. De cor verde brillante, que se torna amarela e marrón no outono; persisten na árbore durante o inverno ata cando brotan na primavera

Flor: denominado landra; ovoide, cunha cúpula que cobre os dous terzos

Outros datos: a súa casca é marrón agrisada, con gretas profundas

Utilidades: emprégase como árbore de sombra en zonas urbanas; é de crecemento rápido

Necesidades: require climas húmidos con influencia fría e preferentemente exposición ao sol. Crece en solos profundos, ácidos, con humidade e ricos en materia orgánica; aínda que é unha árbore adecuada e resistente para zonas urbanas con contaminación do aire e drenaxe deficiente, os solos compactados e a falta de auga son frecuentes