Camelia yuhsienensis
Camellia yuhsienensis
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: no inverno e na primavera
Orixe: especie nativa da China.
Porte e altura: arbusto ou pequena árbore de ata 3 m de altura no seu hábitat natural.
Follas: con pecíolos de 8 a 11 mm, colgantes cara abaixo, ovadas a elípticas, coa marxe serrada, co ápice agudo a acuminado e coa base redondeada. De 5,5 a 11,5 cm de longo e de 2,5 a 6 cm de ancho.
Flores: brancas, terminais e axilares, de 6,5 a 9,5 cm de diámetro.
Froito: cápsula ovoide, de arredor de 2 cm de longo e 3 ou 4 lóculos no seu interior, co pericarpo moi fino.
Outros datos: floración moi abundante, desde o inverno ata principios da primavera.
Usos e curiosidades: cultívase como planta ornamental; é moi aromática.
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.