Camelia xapónica 'Millarenga'
Camellia japonica 'Millarenga'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: desde outono ata primavera
Orixe: orixinado por José Diego Maciñeira a finais do século XX, no pazo Torre de Lama, Mañón (A Coruña)
Porte: arbusto denso, de porte aberto e crecemento vigoroso
Follas: de elípticas a ovadas, de 10 cm de longo e 5,5 cm de ancho, moi escuras e brillantes, coa marxe profundamente serrada
Froito: non forma
Flor: de tamaño medio a grande, de 8 a 10 cm de diámetro, de forma dobre formal imbricada e, en raras ocasións, con forma de rosa; de cor rosa lixeiramente púrpura. Teñen uns 50 pétalos que, ás veces, dispóñense perfectamente aliñados
Outros datos: a floración é moi longa e abundante; as primeiras flores poden verse en outubro e permanece con flores ata maio; a súa plena floración esténdese de novembro a abril
Utilidades: é un cultivar moi difundido e valorado en Galicia
Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma