Camelia xapónica 'Malvar'
Camellia japonica 'Malvar'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: invernal
Orixe: plantada no pazo de Salcedo (Pontevedra) ao redor de 1950
Porte: árbore pequena de porte aberto e crecemento lento
Follas: elípticas, de 6 cm de longo e 4 cm de ancho, de cor verde media, coa marxe lixeiramente dentada
Froito: grande e globoso
Flor: medianas, ao redor de 6 cm de diámetro, simples e de cor rosa coral, con 5 a 7 pétalos grandes e curvados cara ao exterior, e máis de 100 estames
Outros datos: a floración é moi abundante, aínda que curta, e abarca de xaneiro a marzo
Utilidades: foi designada polo persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro e propagada por estacas desde o ano 2000
Necesidades: é propia de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma